Caracterizados pola culpa

A partir da frase do libro De cristal  no prefacio O ratiño negro ( pax. 37): A culpa é un sentimento tan vello como a humanidade,que nos acompaña a todos permanentemente e que precisamos entender. Sentimos culpa porque... escribín este microrrelato sobre a culpa.

A culpa é un sentimento tan antigo como a humanidade, que nos acompaña a todos permanentemente e que precisamos entender. Sentimos culpa porque estamos obrigados pola nosa natureza a necesitar, necesitamos a alguén e cando obtemos o que máis desexamos, o amamos con tal profundidade que queremos mantelo feliz e mantelo noso polo resto da eternidade. Pero, e se non somos capaces de manter esa persoa que tanto amamos feliz? E se existe a ameaza de perdelo? E se encontramos a outra persoa e ese amor comeza a extinguirse para poder compartilo con alguén máis?

Entón sentímonos culpables por non ofrecer o suficiente para manter á nosa persoa feliz ao noso carón, por deixar a esa persoa que antes era o noso maior desexo nun segundo plano. Sentímonos culpables por deixar de amar con esa profundidade que nos obrigaba a sacrificalo todo por esa meta ou relación que tanto desexábamos, culpámonos por ver mal a esa persoa e saber que o poderiamos evitar e non fixemos nada, culpámonos por deixar de estar pendentes, por deixar de preocuparnos.

A culpa é o castigo da conciencia por deixar de coidar o que amamos, é a alerta que nos avisa de que estamos perdendo a nosa humanidade, porque a característica máis humana é amar, e deixar de respectar aquelo que amamos é unha mostra de que non amamos como antes e sen amor, sen humanidade, só somos monstros. Alguén que non ama nada nin ninguén é unha persoa que non ten ningún motivo para seguir existindo e, polo tanto, non ten nada que perder, nin sequera a súa vida, non ten nada que coidar, non ten unha motivación que lle impulse a mellorar e ser boa persoa, e os humanos movémonos por impulsos, incentivos, motivacións... Se nada te motiva a facer o ben, actúas da maneira máis sinxela e despreocupada, es unha persoa sen humanidade, capaz de facer todo sen medo a nada, porque aquilo que amamos é o que máis tememos (tememos perdelo) e sen amar nada, non temos medos.

Cristina limpou unha bágoa mentres cerraba o seu diario, e suspirou pensando que o profesor de filosofía estaría orgullosos dela se descubrise que estivo reflexionando en dez follas. Cristina tiña medo de perder aquilo que a caracterizaba, tiña medo de que a descrición que ela mesma fixera sobre os monstros a representara. Ese mesmo día fixera algo horrible, decatarse diso era un signo de que tiña conciencia, pero non sentía culpa ningunha, sabía que non tiña que sentirse responsable de que a el lle afectaran as cousas insignificantes. 

Colleu as follas e rompeunas, sentir amor por alguén non significa que teña que sacrificar a súa felicidade para conseguir a doutra persoa, non debería sentirse culpable por non cumprir os desexos do seu noivo e que el se sentise mal por iso. Cristina era culpable de sacrificar os seus desexos polos de outra persoa e deixar de facelo non significaba que o deixara de amar, senón que deixara de ser a súa prioridade e que por fin ela era importante. 

Cristina estaba orgullosa de que sentir culpa xa non a caracterizaba, xa non sufriría por non ser capaz de mantelo ao seu carón, non era culpa súa, nin tampouco da súa forma de amar, a culpa xa non controlaría a súa vida.


Non deixes que usen a culpa para controlar as túas emocións e a túa vida



Comentarios

Publicacións populares deste blog

Receita para ser alumno hoxe