Publicacións

Receita para ser alumno hoxe

Imaxe
Calquera pode ser alumno, pero aquí teño unha receita para poder ser un bo alumno hoxe, a dificultade desta receita é alta pero tentádeo. Ingredientes 100 ml de ilusión  300 g de esforzo 250 mg de motivación 100 g de compañerismo 80 g pizca de paciencia 100 ml de organización Elaboración Nun recipiente mesturamos a ilusión e a motivación ata obter unha masa máis ou menos espesa, estendémola sobre a bandexa que previamente cubririamos con papel de forno. Mentres, prequentamos o forno a 200 º C e meteremos 100 g de esforzo no microondas ata que se derrita . Unha vez temos 100 g de esforzo derretidos mesturámolos xunto o resto de esforzo e compañeirismo e engadímoslle á mestura 50 ml de organización, removemos ata obter unha masa homoxénea e botámola encima da bandexa. Metemos a bandexa no forno e baixamos a temperatura a 175ºC durante media hora. Mentres a bandexa está no forno, mesturamos o resto de organización e a paciencia, cando saquemos a bandexa estenderemos esa combinaci...

A Raíña Vermella

Imaxe
A Raíña Vermella é o meu libro preferido, por iso neste vídeo fixen unha pequena recensión para convencervos de ler a historia de Mare Barrow.

Emily Dickinson

Imaxe
Emily Dickinson (1830-1886) foi unha poetisa estadounidense que escribiu máis de 1789 poemas, nos que os temas máis recurrentes son o amor, a saúde mental e a morte e nos que destaca a súa profundidade e sensibilidade.  Emily Dickinson é unha das poetisas máis importantes da literatura universal, por iso na clase de literatura realizamos unhas grabacións dalgúns dos seus poemas pertencentes á escolma de textos  Herba abraiada,  no meu caso escollín o poema do prólogo, cada verso deste poema é o primeiro verso dalgún dos seus poemas máis emblemáticos, a miña lectura é tanto en galego como en inglés, no prólogo non se atopa traducido así que copio aquí a tradución realizada por min coa axuda da miña profesora de literatura universal. Unha efémera pero dolorosa enfermidade A auga apréndese pola sede Descóbrese a éxtase pola dor Achégate amodo, pracer! A pinga que loita no mar Noites salvaxes! Salvaxes noites! Tras unha gran dor, brota unha emoción habitual A herba ten tan ...

Virginia Woolf - A cortina da enfermeira Lugton

Imaxe
É a escritura, non o ser lido, o que me emociona. A alegría está no facer.  Virginia Woolf é unha escritora británica que viviu dende finais do século XIX ata mediados do século XX, membro do Círculo de Bloomsbury (intelectuais británicos destacados nos aámbitos sociais, literarios e artísticos). Virginia tivo moito éxito e unha boa posición económica pero aínda así vivía atormentada polos problemas da súa familia e o pouco recoñecemento que tivo a súa última obra e moitos din que a súa vida está perfectamente representada na súa primeira obra Fin da viaxe . Virginia Woolf foi unha percursora do feminismo, o seu ensaio Unha habitación propia é un dos textos máis citados do movemento feminista, onde afirma "Unha muller debe ter  500 libras e unha habitación propia se vai a escribir", o tema feminista será continuado posteriormente en Tres Guineas , onde abordará tamén temas como a guerra e o fascismo. Na súa obra O cuarto de Jacob (1922) comeza a experimentar un estilo que r...

Caracterizados pola culpa

Imaxe
A partir da frase do libro De cristal   no prefacio O ratiño negro ( pax. 37): A culpa é un sentimento tan vello como a humanidade,que nos acompaña a todos permanentemente e que precisamos entender. Sentimos culpa porque... escribín este microrrelato sobre a culpa. A culpa é un sentimento tan antigo como a humanidade, que nos acompaña a todos permanentemente e que precisamos entender. Sentimos culpa porque estamos obrigados pola nosa natureza a necesitar, necesitamos a alguén e cando obtemos o que máis desexamos, o amamos con tal profundidade que queremos mantelo feliz e mantelo noso polo resto da eternidade. Pero, e se non somos capaces de manter esa persoa que tanto amamos feliz? E se existe a ameaza de perdelo? E se encontramos a outra persoa e ese amor comeza a extinguirse para poder compartilo con alguén máis? Entón sentímonos culpables por non ofrecer o suficiente para manter á nosa persoa feliz ao noso carón, por deixar a esa persoa que antes era o noso maior desexo nun s...