Receita para ser alumno hoxe
Calquera pode ser alumno, pero aquí teño unha receita para poder ser un bo alumno hoxe, a dificultade desta receita é alta pero tentádeo.

Ingredientes
- 100 ml de ilusión
- 300 g de esforzo
- 250 mg de motivación
- 100 g de compañerismo
- 80 g pizca de paciencia
- 100 ml de organización
Elaboración
- Nun recipiente mesturamos a ilusión e a motivación ata obter unha masa máis ou menos espesa, estendémola sobre a bandexa que previamente cubririamos con papel de forno. Mentres, prequentamos o forno a 200 ºC e meteremos 100 g de esforzo no microondas ata que se derrita.
- Unha vez temos 100 g de esforzo derretidos mesturámolos xunto o resto de esforzo e compañeirismo e engadímoslle á mestura 50 ml de organización, removemos ata obter unha masa homoxénea e botámola encima da bandexa.
- Metemos a bandexa no forno e baixamos a temperatura a 175ºC durante media hora. Mentres a bandexa está no forno, mesturamos o resto de organización e a paciencia, cando saquemos a bandexa estenderemos esa combinación para decorar, teremos como resultado a capacidade de ser un bo alumno hoxe en día.

Comentarios
Publicar un comentario