Virginia Woolf - A cortina da enfermeira Lugton

É a escritura, non o ser lido, o que me emociona. A alegría está no facer. 

Virginia Woolf é unha escritora británica que viviu dende finais do século XIX ata mediados do século XX, membro do Círculo de Bloomsbury (intelectuais británicos destacados nos aámbitos sociais, literarios e artísticos). Virginia tivo moito éxito e unha boa posición económica pero aínda así vivía atormentada polos problemas da súa familia e o pouco recoñecemento que tivo a súa última obra e moitos din que a súa vida está perfectamente representada na súa primeira obra Fin da viaxe.

Virginia Woolf foi unha percursora do feminismo, o seu ensaio Unha habitación propia é un dos textos máis citados do movemento feminista, onde afirma "Unha muller debe ter  500 libras e unha habitación propia se vai a escribir", o tema feminista será continuado posteriormente en Tres Guineas, onde abordará tamén temas como a guerra e o fascismo.

Na súa obra O cuarto de Jacob (1922) comeza a experimentar un estilo que revolucionará a literatura, cheo de metáforas, simbolismo e unha caracterización dos personaxes a través do monólogo interior. Non é moi coñecida senón polas súas obras máis famosas como son A señora Dalloway (1925), Ao Faro (1927), Orlando: unha biografía (1928) e As olas (1931). 

A cortina da enfermeira Lugton, é un dos seus contos que lin e decidín crear un resumo. Cando o lin acordeime de Toy Story e dos xoguetes que cobraban vida cando os humanos non estaban mirando, ao igual que os animais cosidos na cortina da enfermeira Lugton cando deixa de coser. 


A cortina da enfermeira Lugton

A enfermeira Lugton estaba durmindo cunha peza de tea azul con dibuxiños no colo, esos dibuxiños eran animais que descansaban mentres a señora cosía e cando ela durmía cobraban vida. O dedal da enfermeira reflictía a luz e funcionaba como o Sol destes animais e o seu ronquido para eles era o vento. 

Os animais comezaron a desprazarse cara ao mandil da señora Lugton, estampado de rosas e herba, e desde fóra a estampa era moi bonita, era divertido pensar que ela lle tiña medo aos animais do zoo e eses mesmos animais paseaban sobre ela cando durmía.

O lugar ao que chegaron os animais era Millarmarchmontópolis, alí vivían cidadáns gobernados por unha raíña e ninguén se asustaba deles porque sabían que a ogra (a señora Lugton) os tiña enfeitizados e os obrigaba a traballar na cortina que estaba cosendo. Dende Millarmarchmontópolis a señora Lugton lucía como unha montaña malvada, que cando abría os ollos atrapaba aos animais na cortina e estos debían esperar a que adormecese para volver a Millarmarchmontópolis.

De súpeto, a enfermeira Lugton espertou e todos os animais volveron atrapados á cortina, o seu aire volvía a ser a tea azul e Lugton seguiu cosendo a cortina para o salón da señora Gingham. 











Comentarios

Publicacións populares deste blog

Caracterizados pola culpa

Receita para ser alumno hoxe