Emily Dickinson

Emily Dickinson (1830-1886) foi unha poetisa estadounidense que escribiu máis de 1789 poemas, nos que os temas máis recurrentes son o amor, a saúde mental e a morte e nos que destaca a súa profundidade e sensibilidade.

 Emily Dickinson é unha das poetisas máis importantes da literatura universal, por iso na clase de literatura realizamos unhas grabacións dalgúns dos seus poemas pertencentes á escolma de textos Herba abraiada, no meu caso escollín o poema do prólogo, cada verso deste poema é o primeiro verso dalgún dos seus poemas máis emblemáticos, a miña lectura é tanto en galego como en inglés, no prólogo non se atopa traducido así que copio aquí a tradución realizada por min coa axuda da miña profesora de literatura universal.






Unha efémera pero dolorosa enfermidade
A auga apréndese pola sede
Descóbrese a éxtase pola dor
Achégate amodo, pracer!
A pinga que loita no mar
Noites salvaxes! Salvaxes noites!
Tras unha gran dor, brota unha emoción habitual
A herba ten tan pouco que facer
El apalpa a túa alma
Porque non puden pararme pola morte
Para cubrir un oco
Espertei cedo, collín o meu can
Como ollos que ollaban ruínas


Fontes:




Comentarios

Publicacións populares deste blog

Caracterizados pola culpa

Receita para ser alumno hoxe