A partir da frase do libro De cristal no prefacio O ratiño negro ( pax. 37): A culpa é un sentimento tan vello como a humanidade,que nos acompaña a todos permanentemente e que precisamos entender. Sentimos culpa porque... escribín este microrrelato sobre a culpa. A culpa é un sentimento tan antigo como a humanidade, que nos acompaña a todos permanentemente e que precisamos entender. Sentimos culpa porque estamos obrigados pola nosa natureza a necesitar, necesitamos a alguén e cando obtemos o que máis desexamos, o amamos con tal profundidade que queremos mantelo feliz e mantelo noso polo resto da eternidade. Pero, e se non somos capaces de manter esa persoa que tanto amamos feliz? E se existe a ameaza de perdelo? E se encontramos a outra persoa e ese amor comeza a extinguirse para poder compartilo con alguén máis? Entón sentímonos culpables por non ofrecer o suficiente para manter á nosa persoa feliz ao noso carón, por deixar a esa persoa que antes era o noso maior desexo nun s...
Calquera pode ser alumno, pero aquí teño unha receita para poder ser un bo alumno hoxe, a dificultade desta receita é alta pero tentádeo. Ingredientes 100 ml de ilusión 300 g de esforzo 250 mg de motivación 100 g de compañerismo 80 g pizca de paciencia 100 ml de organización Elaboración Nun recipiente mesturamos a ilusión e a motivación ata obter unha masa máis ou menos espesa, estendémola sobre a bandexa que previamente cubririamos con papel de forno. Mentres, prequentamos o forno a 200 º C e meteremos 100 g de esforzo no microondas ata que se derrita . Unha vez temos 100 g de esforzo derretidos mesturámolos xunto o resto de esforzo e compañeirismo e engadímoslle á mestura 50 ml de organización, removemos ata obter unha masa homoxénea e botámola encima da bandexa. Metemos a bandexa no forno e baixamos a temperatura a 175ºC durante media hora. Mentres a bandexa está no forno, mesturamos o resto de organización e a paciencia, cando saquemos a bandexa estenderemos esa combinaci...
Comentarios
Publicar un comentario